A empresa coruñesa
TELEPERFOMANCE, de telemarketing, xestiona o servizo de atención a
clientes da Tarifa de Último Recurso (TUR), o servizo de averías e
as redes de distribución, para a empresa Unión Fenosa Comercial,
filial de Gas Natural Fenosa. Ésta última ven de anunciar o peche
da filial e o traslado da actividade a Cataluña. As consecuencias
serían os despedimentos dun elevado número de traballadores da
empresa coruñesa, ata 105, que no curso das negociacións co Comité
de Empresa foron reducidos a 43. Os traballadores recibirán unha
indemnización moi baixa, de oito días por ano, dacordo co convenio
de empresa.
A empresa Gas
Natural Fenosa ocupa unha posición sobranceira no tecido económico
galego. Como titular dalgunhas das grandes explotacións
hidroeléctricas e dunha elevada porcentaxe da potencia adxudicada no
último concurso eólico, 335 megavatios. Ademáis xestiona o
suministro eléctrico ou gasístico de gran parte dos fogares e das
empresas galegas.
Compre lembrar que
Galicia exporta enerxía sen recibir beneficios directos, nin nas
tarifas dos consumidores nin no retorno industrial. O inminente
marco lexislativo anovado que impulsa o Goberno central, reducirá
drásticamente o número de fogares con acceso á TUR, que serán
trasladados ó mercado libre, máis caro. Novamente sen beneficio
algun para os cidadáns que soportan os efectos da explotación dos
recursos endóxenos. Ese novo marco pode representar unha nova
reducción de emprego nos servizos de atención ó cliente.
As empresas de telemarketing galegas, que empregan a 9000 persoas, estan sufrindo procesos semellantes. Teñense perdido 1300 empregos nos últimos dous anos.
As
compañías operadoras de telefonía móbil, explotan o espacio
radioeléctrico en rexime de concesión administrativa, igual que as
operadoras de cable. Pero Orange traslada os servizos de atención ó cliente de Galicia a Madrid
As persoas que
residen en Galicia, traballan e tributan neste territorio. O
Goberno galego debe enviar un sinal claro e firme ás compañías que
contratan coa Xunta ou xestionan concesións administrativas ou
servizos públicos. Debe existir un retorno en Galicia en
forma de emprego, no sector de servizos ou no sector industrial. Non
son admisibles os procesos de deslocalización a cambio do servizo. A
capacidade da Xunta como grande investidor ou como parte contratante,
é innegable. Debe ser exercida con plenitude, esixindo das
compañías operadoras de telefonía o mantenemento do servizos de
atención ó cliente no territorio, garantindo en tódolos casos o
pleno respeto ó dereito dos cidadáns a expresarse e recibir
atención en lingua galega. Débese aplicar o mesmo
principio ás empresas privadas que xestionen servizos públicos,
concesións administrativas ou contratos que esixan a existencia de
servizos de atención ó cliente.
Moitas grazas polo teu apoio.
ResponderEliminar