A medio dun programa, ABALAR, cofinanciado polo Ministerio de Educación e a Xunta, vaise dotar con ordenadores individuais a tódolos estudiantes de 5º de Primaria e 1º de Secundaria, no marco dun programa estatal que tenta implantar definitivamente as tecnoloxías da información no ensino.
En Galicia, por insuficiencia de fondos, pérdese un 20% do orzamento. A distribución efectuada e sorprendente pero na área metropolitana de Coruña chega a cotas de discriminación sorprendentes.Vexamos os datos:
NUMERO DE CENTROS ESCOLARES | CENTROS PUBLICOS | RECIBEN EQUIPAMENTO | CENTROS PRIVADOS | RECIBEN EQUIPAMENTO |
CORUÑA | 40 (25 e. primaria, 15 e. secundaria) | 6 (1 primaria, 5 secundaria) | 18 | 11 |
ARTEIXO | 6 | 1 | - | - |
CAMBRE | 7 | 2 | - | - |
CULLEREDO | 7 | 1 | 4 | 3 |
OLEIROS | 7 | 2 | 1 | 1 |
TOTAL | 67 | 12 | 23 | 15 |
% | CENTROS PUBLICOS | CENTROS PRIVADOS |
CORUÑA | 15 | 61 |
CONCELLOS METROPOLITANOS | 22 | 80 |
TOTAL | 18 | 65 |
Os datos son mais notables por canto ocurren en concellos fortemente comprometidos co ensino. A Coruña en grao espectacular e dende hai un cuarto de século: equipamentos, instalacións, oferta cultural, musical, de divulgación científica, deportiva... Pero tamén noutros concellos como Oleiros ou Culleredo existe unha forte implicación municipal.
A mensaxe da Xunta é obvia: concellos gobernados pola oposición, discriminación ós fillos dos presuntos electores. Por si fora pouco mesmo atacan ós profesores suliñando que non teñen vocación ou motivación. Certamente amosan pouco respeto e menos información polo que ocurre nas aulas.
En educación, a dereita ten sempre a mesma faciana. E un sinal de identidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario