Comprobamos unha maior superposición dos votantes socialistas cos de Podemos, sendo menor a superposición de éste cos votantes populares. Mentras unha elevada porcentaxe de electores se autoubica no centro. De onde se deriva a necesidade de afianzar o propio espacio e tentar cubrir unha parte do espazo de centro, con rendementos decrecentes no espazo máis a esquerda, xa moi definido. Igualmente para o PP é evidente a necesidade de polarizar a campaña con Podemos obviando ó Partido Socialista. Nese escenario non abonda con ser equidistante sinon que compre ter un perfil moi definido para defender un espazo propio. O propio autor advirte no seu artigo que dos datos non se deducen inmediatamente resultados electorais, só percepcións e autoposicionamente dos electores.
lunes, 12 de enero de 2015
O PROBLEMA ELECTORAL INMEDIATO
Un recente artigo de Kiko Llaneras en POLITIKON, aporta o seguinte gráfico:

domingo, 30 de noviembre de 2014
AS RAICEIRAS DE PODEMOS
A irrupción de Podemos como grupo político con perspectivas de resultados óptimos, é a consecuencia de varios factores, derivados casi todos do momento político aos que se engaden estratexias mediáticas.
Para contextualizar axeitadamente os datos, compre lembrar os precedentes de moitos outros países nos que a crítica ó modelo político vixente, ós seus límites, á corrupción, etc, ten provocado cambios políticos importantes: Arxentina, Ucraina, Grecia, Ecuador, etc.
Centrándonos na Unión Europea, os últimos datos dispoñibles sobre resultados electorais e ascenso de partidos populistas, aparecen na seguinte Táboa:
Tabla 1. Porcentaje de voto obtenido en las últimas elecciones parlamentarias
Fuente: elaboración propia y http://electionresources.org.
Tradicionalmente esos movimentos populistas foron alcumados como de extrema dereita pero a imaxe desta remite a un imaxinario (autoritarismo, represión da oposición, violencia institucional) que non se corresponde coas novas realidades. Como indica a táboa anterior, existen xa movimentos representativos electoralmente que sobardan esas etiquetas para aludir a un conxunto de problemas tradicionalmente menosprezados polos partidos clásicos: inmigración, interculturalismo, paro, marxinación.
Ata agora a resposta dos partidos clásicos foi aillar nas institucións a esas formacións. Máis esa actitude non minora o seu apoio electoral por canto os seus electores non agardan que gobernen sinon que sexan o revulsivo dunha situación percibida como desesperanzadora, sen alternativas creíbles.
Ainda así, os resultados desas formacións están modificando xa a a axenda política dos diferentes países. Exemplos serían o novo discurso sobre a inmigración que predican Cameron no Reino Unido ou Suiza ou o vendaval que está provocando Podemos en España. A idea de fondo, común a todolos novos partidos é a incapacidade do eixo dereita-esquerda para resolver a crise, pois ambas serían debedoras da política tecnocrática e globalizadora que defende a Unión Europea en connivencia cos mercados de capitais.
De xeito máis inmediato, a captación masiva de voto de formacións como Podemos, vai parella co medo a perder un modo de vida da clase media, da seguranza no traballo, do valor da formación. Por primeira vez en moitos anos, un traballo non evita a pobreza, pois os salarios son menguantes e os contratos temporais. As novas xeneracións deben vivir peor que as xeneracións dos seus pais. Joan Juaristi denomina burguerses a esas novas capas sociais de xente con elevada formación, baixas perspectivas laborais e salariais e consumo elevado. Son a base social de Podemos.
Cunha sociedade civil feble, un tecido asociativo pobre e medios de comunicación moi polarizados políticamente, o novo partido xoga na ambigüedade cómoda. O respaldo expreso dalgunhas canles de televisión e os intereses do partido maioritario, coinciden neste caso. É a esquerda quen entra en crise de redistribución do voto mentras a dereita sube ou baixa pero non se fracciona.
Xen dúbida compre unha axenda reformista. Do funcionamento dos partidos políticos e do seu financiamento, da lei electoral, da transparencia e rendición de contas, da colonización da administración e dos órganos reguladores pola política, e sobre todo de impulso dunha cultura da integridade. Reformar a Constitución pode ser a consecuencia desa axenda reformista, non a única solución.
Difícilmente os novos movimentos políticos abordarán esas reformas. Na sua ambigüedade calculada levan o xerme da parálise. É tempo de construir acordos máis que tempo de xestos, de aunar vontades distintas na percura de obxectivos de longo prazo. Lamentablemente os discursos que escoitamos están demasiado preocupados polos titulares mediáticos do día seguinte. Como ten ocurrido moitas veces na historia, estamos paralisados mentras chegan os bárbaros.
Para contextualizar axeitadamente os datos, compre lembrar os precedentes de moitos outros países nos que a crítica ó modelo político vixente, ós seus límites, á corrupción, etc, ten provocado cambios políticos importantes: Arxentina, Ucraina, Grecia, Ecuador, etc.
Centrándonos na Unión Europea, os últimos datos dispoñibles sobre resultados electorais e ascenso de partidos populistas, aparecen na seguinte Táboa:
Tabla 1. Porcentaje de voto obtenido en las últimas elecciones parlamentarias
| Partido |
Votos
|
| Lista Pym Fortuin y Partido por la Libertad (Geert Wilders (PVV) (Países Bajos) |
17% (2002); 6% (2006); 15% (2010, PVV)
|
| Partido Liberal Austríaco |
27% (1999); 10% (2002); 11% (2006); 17,5% (2008)
|
| Bloque Flamenco Belga |
12% (24% en Flandes) (2003); 12% (2007); 8% (2010, Vlaans Belang)
|
| Partido Popular Danés |
12% (2001); 13% (2005); 14% (2007); 12% (2011)
|
| Partido del Progreso Noruego |
15% (2001); 22% (2005); 23% (2009)
|
| Demócratas de Suecia |
3% (2010); 6% (2010)
|
| Auténticos Finlandeses |
2% (2003); 4% (2007); 19% (2011)
|
| Frente Nacional (Francia) [1] |
17% (2002); 10% (2007); 18% (2012)
|
| Partido Nacional Británico |
0,7% (2005); 2% (2010)
|
| Partido del Pueblo Suizo |
(23%)1999; 27% (2003); 29% (2007); 27% (2011)
|
Enquisas da Unión indican que en 17 países dos 28 membros, a percepción da corrupción é sinalada polo 75% da poboación, mentras que só en catro países esa percepción baixa do 50%. Nese caldo de cultivo medran a desafección, os movimentos anti-sistema (democrático) e os novos tipos de partido político, aén da inhibición, deslexitimación das institucións, etc.
Tradicionalmente esos movimentos populistas foron alcumados como de extrema dereita pero a imaxe desta remite a un imaxinario (autoritarismo, represión da oposición, violencia institucional) que non se corresponde coas novas realidades. Como indica a táboa anterior, existen xa movimentos representativos electoralmente que sobardan esas etiquetas para aludir a un conxunto de problemas tradicionalmente menosprezados polos partidos clásicos: inmigración, interculturalismo, paro, marxinación.
Ata agora a resposta dos partidos clásicos foi aillar nas institucións a esas formacións. Máis esa actitude non minora o seu apoio electoral por canto os seus electores non agardan que gobernen sinon que sexan o revulsivo dunha situación percibida como desesperanzadora, sen alternativas creíbles.
Ainda así, os resultados desas formacións están modificando xa a a axenda política dos diferentes países. Exemplos serían o novo discurso sobre a inmigración que predican Cameron no Reino Unido ou Suiza ou o vendaval que está provocando Podemos en España. A idea de fondo, común a todolos novos partidos é a incapacidade do eixo dereita-esquerda para resolver a crise, pois ambas serían debedoras da política tecnocrática e globalizadora que defende a Unión Europea en connivencia cos mercados de capitais.
De xeito máis inmediato, a captación masiva de voto de formacións como Podemos, vai parella co medo a perder un modo de vida da clase media, da seguranza no traballo, do valor da formación. Por primeira vez en moitos anos, un traballo non evita a pobreza, pois os salarios son menguantes e os contratos temporais. As novas xeneracións deben vivir peor que as xeneracións dos seus pais. Joan Juaristi denomina burguerses a esas novas capas sociais de xente con elevada formación, baixas perspectivas laborais e salariais e consumo elevado. Son a base social de Podemos.
Cunha sociedade civil feble, un tecido asociativo pobre e medios de comunicación moi polarizados políticamente, o novo partido xoga na ambigüedade cómoda. O respaldo expreso dalgunhas canles de televisión e os intereses do partido maioritario, coinciden neste caso. É a esquerda quen entra en crise de redistribución do voto mentras a dereita sube ou baixa pero non se fracciona.
Xen dúbida compre unha axenda reformista. Do funcionamento dos partidos políticos e do seu financiamento, da lei electoral, da transparencia e rendición de contas, da colonización da administración e dos órganos reguladores pola política, e sobre todo de impulso dunha cultura da integridade. Reformar a Constitución pode ser a consecuencia desa axenda reformista, non a única solución.
Difícilmente os novos movimentos políticos abordarán esas reformas. Na sua ambigüedade calculada levan o xerme da parálise. É tempo de construir acordos máis que tempo de xestos, de aunar vontades distintas na percura de obxectivos de longo prazo. Lamentablemente os discursos que escoitamos están demasiado preocupados polos titulares mediáticos do día seguinte. Como ten ocurrido moitas veces na historia, estamos paralisados mentras chegan os bárbaros.
martes, 25 de noviembre de 2014
ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2015
Transcurridos seis anos de goberno,
os indicadores económicos e sociais de Galicia presentan un
deterioro moi grave que cuestiona a política económica seguida polo
goberno. Os orzamentos para 2015 abundan nas mesmas liñas
continuistas polo que non cabe esperar efecto distinto do que tiveron
os anteriores.
NON PRIORIZAN A CREACIÓN DE EMPREGO
En materia de desemprego
estamos peor que o 90% das 272 rexións europeas. É un dato máis
que preocupante. Con consecuencias da reforma laboral moi negativas, menos estabilidade, aumento da contratación a
tempo parcial, menor grado de cobertura de protección, dous de cada tres desempregados/as non cobran
nengunha prestación. Un terzo gañan menos
do salario mínimo.
Fronte á sanidade universal concebida como servizo público vostedes introduciron a mercantilización do sistema, que só beneficia ós intermediarios empresariais, non ós profesionais nin ós doentes. Así, incrementan o canon ás empresas privadas mentras continuan recortando as axudas ás familias de enfermos mentais, alzheimer, enfermidades de transmisión sexual ou a atención ós drogodependentes.
Hai poucas datas, un dos principais medios de
comunicación do país adicaba unha extensa reportaxe á situación
económica, coa colaboración de destacados expertos. Cun título
elocuente: “Alerta de tormenta perfecta na economía galega”. Os principais factores para esa dura afirmación eran: a
evidente ralentización do PIB, a desindustrialización con caídas
importantes na actividade industrial pero tamén na construcción,
hostelería e nos servizos. O mínimo crédito dispoñible. A
formación bruta de capital en cifras negativas dende hai sete anos.
Sen investimento público. Cun 90% de contratos temporais e niveis
salariais que non deixan de caer. Cun sector público recortado, e un
índice de envellecemento galopante. So o comercio exterior ofrece
datos relativamente positivos.
Na presentación do orzamento, a Xunta define seis
áreas estratéxicas: economía do coñecemento, mellora da
empregabilidade, benestar social, infraestruturas, competitividade
empresarial e sostenibilidade ambiental. Máis as cifras desminten
esas prioridades. Así, a promoción do emprego acumula caídas en
seis anos do 54%. A vivenda e infraestruturas, do 80% e 56%
respectivamente e o medio ambiente do 70%. Si atendemos ó
desenvolvemento empresarial, estamos na metade de onde estabamos hai
seis anos, igual que en investimento público ou transferencias de
capital. Canto ós grandes servizos públicos, a sanidade rexistra
unha caída do 10% do gasto público e a educación do 15%.
Os orzamentos son menores que no ano anterior en casi
500 m€. En euros constantes recortaron nestes anos 1815 m€ anuais.
Un 22% do gasto social. De cada dez euros que o propio primeiro
goberno Feijoo dedicaba a gasto social, mais de dous foron podados,
desapareceron.
Algo
que contrasta co aumento espectacular dos gastos
financeiros, consecuencia do incesante aumento do endebedamento da
Xunta de Galicia e que continuará no 2015 ata o 18% do PIB. Para
rebaixar o déficit en 168 m€, incrementarase a débeda en 450 m€. A ese elevadísimo endebedamento, que lastra gravemente
a capacidade de recuperación no futuro, debemos engadir os 3.000
mm€ de pago por concesións público–privadas e alomenos 500
millóns de euros de endebedamento a longo prazo das empresas
autonómicas como a Sociedade de Investimentos, as Xestures ou
Sogama.
PRESENTAN UN CADRO MACROECONÓMICO
DIFICILMENTE CREÍBLE
Anuncian que o PIB medrará un 2%, o dobre que países
como Alemaña. É unha estimación superior nun 20 % ás
previsións da Comisión Europea para España. Os datos do INE, son bastante máis negativos e nos
colocan peor ca media estatal e nos últimos lugares das CCAA. En
gasto dos fogares, en exportacións, en postos de traballo, en
formación bruta de capital.
A resposta da Xunta: menos do 2% para programas de loita contra o
desemprego. Con 120.000 parados máis que no 2009, reduciron
o orzamento a menos da metade. No recente debate do Estado da Autonomía, este Grupo
propuxo adicar 400 m€ en dous anos para unha Axenda urxente de
emprego, co obxectivo de acadar 50000 postos de traballo en dous
anos. Foi rexeitada.
Recentemente coñecemos escándalos
derivados do mal uso dos fondos de formación. Trátase dunha
actividade imprescindible, pero probablemente necesitada dunha
revisión a fondo da sua organización e control, tamén dos
contidos e resultados. Hai datos preocupantes sobre a eficacia. Así,
mentras nos países comunitarios de referencia a baixa cualificación
dos traballadores afecta ó 15%, no noso país se multiplica por
tres, concretamente ata o 42% da poboación activa e o 54% dos
parados. Con esos datos, reducir o gasto educativo ou renunciar a
unha política de formación máis eficaz, é un erro estratéxico da
política económica
RENUNCIA A NOVOS RECURSOS
Cando necesitariamos maior financiamento,
negaronse a renovar o sistema de financiamento autonómico. Por
motivos puramente electorais. De xeito que ata 2017 perderemos a
oportunidade de recursos suplementarios. Tamén renuncian a incrementar
ingresos aumentando os tipos impositivos para os que teñen maiores
ingresos ou para os grandes patrimonios; ou mediante o aumento dos
impostos medio –ambientais; ou gravando as grandes superficies
comerciais ou ás entidades bancarias. Non falamos de cifras menores. No último ano o
patrimonio dos 7000 galegos máis ricos incrementouse nun 9%, é
decir, en 4.800 millóns de euros adicionais.
NON ABORDAN A LOITA CONTRA DA POBREZA
A pobreza é hoxe habitual na nosa sociedade. Con
numerosas familias en situacións precarias ou de exclusión. Os
orzamentos propoñen incrementos menores nalgunhas partidas. Debemos
lembrar que hai máis de 30000 fogares sen ingresos. No pasado debate
do Estado da Autonomía, propuxemos incrementar as axudas sociais
para garantir unha renda a todalas familias sen ingresos. A maioría
da Cámara foi insensible.
PARALISAN OS GASTOS PRODUTIVOS E DE
FOMENTO DO CRECEMENTO.
Os gastos dirixidos a investimentos de capital, volven a
decrecer para o 2015, sendo os menores de todo o século actual,
inferiores á metade incluso dos últimos anos do goberno Fraga onde
o propio Sr.Feijoo facía o contrario do que fai hoxe. As cifras que se propoñen sendo menores, son ademáis
enganosas. Así figuran elevadas partidas para investimentos no
funcionamento da propia administración ou en gastos inmateriais de
dubidoso interese como publicidade.
OS ORZAMENTOS DAS DISTINTAS CONSELLERIAS REVELAN
CONTINUISMO EN POLITICAS FRACASADAS
Seguen carecendo de obxectivos concretos de crecemento e
de emprego. Os programas de gasto son totalmente continuistas de
anos anteriores. Tamén revelan o estilo do goberno. Dende a
Presidencia da Xunta, máis opaca que nunca ata a falsedade
manifesta da reducción de organismos públicos, sobre a que o
Consello de Contas ten sido bastante claro nestes días, reducindo o
seu efecto orzamentario a un irrelevante 1%. Mesmo nos organismos nos
que teñen un interese especialisimo, como na CRTVG, portavoz
partidario antes que medio de comunicación, o fracaso reflictese na
audiencia, que está por debaixo do 10%, cuestionando o futuro do
ente.
Canto ás Consellerías investidoras, a de Medio
Ambiente caracterizase pola pasividade. Eliminada a política de
vivenda, fracasado o programa de realoxo para familias desafiuzadas,
paralisado o plan de rehabilitación e calidade da vivenda. E ademáis
cunha política enganosa. Así mantense intacto o canon imposto ós
concellos adheridos a Sogama, sen que se reseñe a minoración
publicitada. Sen esquecer a nula eficacia do plan de venta de solo
industrial, en parte pola valoración estrambótica do solo
existente. Mentras, se paralisa a Plisan de Vigo invitando ás
empresas galegas a instalarse en Portugal. O peso desa Consellería
no investimento público tense reducido constantemente nos últimos
anos.
Tamén pode suliñarse a contradicción entre a
industria 4.0, defendida polo titular de Industria, e a reducción
do gasto en I+D, que tense desplomado ata o 0 ´87 do PIB, na
dirección contraria ás economías avanzadas. O programa de
desenvolvemento empresarial, o IGAPE, novamente reducese nun 10%,
confirmando que estamos diante dunha política virtual sobre a
empresa. Ese discurso grandilocuente da empresa 4.0 traducese nos
orzamentos da conselleria nun pírrico incremento do 0´05%.
Canto ós sectores primarios, un ano máis os orzamentos
reflicten a carencia de plans estratéxicos para os sectores básicos:
lácteo, pesca, forestal. Malia que son sectores que aguantan a crise
e sobre os que debería construirse un futuro competitivo. Producimos
madeira, pero de peor calidade e menor prezo, desprezando as
transformacións de máis valor engadido e mantendo o 30% da
capacidade forestal sen aproveitamento.
As
dotacións para pesca son hoxe un terzo das que eran hai cinco anos.
Os resultados están á vista: caída constante dos
afiliados ó Réxime Especial do Mar, peores salarios, condicións de
vida máis precarias, expulsión dos nosos barcos dos caladoiros de
pesca. A acuicultura non existe para o goberno. Estaba moi presente
nos discursos cando estaban na oposición. Dende que gobernan non
fixeron nengunha actuación.
Fronte á sanidade universal concebida como servizo público vostedes introduciron a mercantilización do sistema, que só beneficia ós intermediarios empresariais, non ós profesionais nin ós doentes. Así, incrementan o canon ás empresas privadas mentras continuan recortando as axudas ás familias de enfermos mentais, alzheimer, enfermidades de transmisión sexual ou a atención ós drogodependentes.
De novo recortan en vacinas, con consecuencias
constatables na saúde, con aumentos nas patoloxias, ata nun 80% na
varicela, por exemplo. Pero o hospital de Vigo privatizado aumenta o
canon percibido en 23 m de euros e apartir do 2016 chegará a 68 m€
anuais.
Os 15 centros de saúde, tantas veces prometidos polo
Presidente, reducense a tres en construcción e grazas ó
financiamento comunitario. A supresión de médicos é continua, con
xubilacións forzosas e reducción de plantillas.
No ensino, fronte ás elevadas taxas de desemprego
xuvenil e á emigración masiva da xuventude, resucitan unha
Formación Profesional Básica sen medios económicos e que xa
fracasou en España. Publicitan unha modalidade de FP Dual, limitada
a 216 estudantes dun total de 53000, menos do 0´5%.
Na
atención ás persoas con necesidades a insensibilidade da Xunta non
varía. Seguirán no limbo administrativo 18.000
dependentes, cos dereitos recoñecidos pero sen cobrar prestación
algunha, mentres volven a facer avaliacións para rebaixar as axudas
de forma sistemática.
ALTERNATIVA
As nosas emendas propoñen mobilizar 580 m€, o oito
por cento do gasto non financieiro, deles 364 m€ de novos ingresos,
actuando selectivamente sobre os impostos autonómicos pero
reclamando tamén un maior compromiso nas transferencias do Estado,
inexplicablemente reducidas nun 60%. E rebaixando o gasto
improductivo da Xunta, onde hai marxe notable.
Cremos que o orzamento ten que ter duas directrices
básicas: o emprego e a loita contra da pobreza. E xunto a elas, o
reforzo da Sanidade e do Ensino. Porque so a
combinación de políticas de crecemento e de reforzo do Estado de
Benestar poden afrontar a crise.
Temos unha
perda de 150000 activos e cen mil afiliados menos á Seguridade
Social.
Con 120000 parados sen cobertura, con 90000 familias
onde todolos membros estan en paro, con 30000 fogares sen ingresos.
Un de cada seis galegos está en risco de pobreza.
Nunca existiu esta situación.
LECTURAS POLÍTICAS DE OUTONO-3
Jon Juaristi, brillante ensaista e habitual polemista escribe unha obra de coxuntura a partires da abdicación de El-Rei. A tese é o carácter accidental da monarquía española dende a restauración franquista. Co seu habitual estilo, erudito máis ameno e por veces desenfadado, analisa fondamente a monarquía visigótica, a imposición do catolicismo como doctrina do Estado e a correlativa aceptación da monarquía hereditaria. A figura do rei Hermenegildo serve como nexo coa posición de Franco, contrario a Alfonso XIII e a Don Juan pero interesado nunha nova monarquía.
Igualmente é interesante a análise do republicanismo, que considera totalmente fracasado como proxeto político, unha vez fagocitado pola esquerda e modernamente asumido como sinal de identidade polas minorías.
O autor, nun final brillante ainda que máis frívolo, crea o concepto de "burguersía" para definir a esas xeneracións de alta formación, baixos salarios e niveis de vida proletarizados, para concluir no "BurgerKing", como risco que ameaza ó novo monarca, tan cercenado de funcións. Unha curiosa semblanza da Raiña Letizia comparada co líder de Podemos, pecha un ensaio que non deixa de recorrer algunhas das obsesións do autor: o nacionalismo vasco, o carlismo, a esquerda.

LECTURAS POLÍTICAS DE OUTONO-2
Os autores, dous reputados catedráticos galegos de economía, fan unha extensa analise das políticas económicas que levaron á crise, do xeito no que ésta cuestionou algunhas teorías, do papel dos mercados e do posible futuro.
Trátase dunha obra extensa, densa, asequible para un lector interesado pero que esixe certa familiaridade coas teorías de política económica.
A obra é moi crítica coa desregulación dos mercados financieiros iniciada nos anos 80 pola Administración Reagan, seguida con entusiasmo polo goberno Thatcher e finalmente imposta coa globalización. A revisión dos fitos desa evolución causa desazón, pois debuxa un escenario onde decisións marcadamente ideolóxicas foron aceptadas como dogma económico, mentras paralelamente a política era sacrificada en beneficio dos chamados mercados.
Os autores censuran a política de austeridade imposta en España e noutros países, que califican de suicida e defenden, con datos elocuentes, unha política de crecemento e un novo diálogo entre mercados e política, aceptando que non é posible unha "desglobalización financieira" pero si acordos en marcos territoriais distintos como a Unión Europea.

LECTURAS POLÍTICAS OUTONO- 1
Politikon é un colectivo de analistas, multidisciplinar, xóvenes pero de ampla traxectoria, que manteñen un blog de análise política baixo ese nome.
O libro que agora editan ten un grande interese. Pola linguaxe utilizada, divulgativa ainda que rigurosa, pero sobre todo por abordar os temas principais da axenda política española, dende posicións críticas, máis constructivas e desfacendo moitas ideas preconcebidas sobre algus problemas omnipresentes en tribunas e tertulias.
Os problemas analisados son: a estrutura dos partidos políticos, o sistema electoral, a colonización política da administración e dos reguladores, carecendo así do principal contrapeso ós inevitables excesos do poder, e a febleza da sociedade civil.
Ademáis reflexionan sobre as causas da corrupción, a orixe da crise política actual e o círculo vicioso de burbulla inmobiliaria, cunha masiva participación social na mesma, máis discrecionalidade dos gobernos, politización das caixas de aforro, e crise financieira. Un cóctel fatídico que incidiu máis en España porque a dimensión do problema (endebedamento privado) era maior. Suliñan os autores como a burbulla inmobiliaria e os riscos potenciais, eran elementos ben coñecidos anteriormente, pero sobre os que non existían incentivos políticos para actuar.
Teñen especial interese as reflexións sobre o liderato no seo dos partidos, os límites e beneficios dunha reforma da lei electoral e sobre os mecanismos de presión que poden desenvolver os cidadáns.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)