As recentes eleccións primarias indican, co voto directo dos
afiliados/as, insuficiente respaldo no labor deste portavoz. Compre, xa que logo,
facilitar que outra persoa asuma esa función. O candidato elexido para disputar
as eleccións autonómicas, ven de pedir, tanto pública como privadamente, a miña
continuidade, xesto que agradezo. Agora ben, a propia dinámica, parlamentaria e
mediática, creará as condicións para confusións ou discrepancias, imposibles de
evitar malia a nosa vontade. Creo que se debe evitar ese escenario. Doutra
banda e tendo en conta que restan dous meses de lexislatura e que non existe
problema algún de relevancia á vista, a sustitución non deberá crear problemas
de xestión nin de representación.
En consecuencia veño de presentar a dimisión diante da
Presidenta da Comisión Xestora, sen perxuizo de continuar en funcións ata o
nomeamento doutra persoa como Portavoz. Como Deputado seguirei prestando o apoio
para o candidato electo que demandei públicamente na noite electoral.
Agradezo moi especialmente o labor dos membros do
Grupo durante estos anos, así como a sua actitude construtiva. A
política, tan
denostada, reclama de nós características varias, a capacidade de
traballar en
equipo non é a menor. Creo, e así o teño explicado en distintas ocasións
e
diante de diversos foros, que o actual Grupo, sen desdoro doutros, ten
amosado,
rigor, capacidade de traballo, espíritu de equipo e talante dialogante.
Agradezo, igualmente, a confianza da CENG primeiro e da Comisión Xestora logo, para facer esta función, na que tentei ofrecer o mellor da miña capacidade, mantendo a lealdade e cooperación cos órganos de dirección do Partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario