viernes, 12 de abril de 2013

FEIJOO-DORADO: A EXTRANA PARELLA

A bochornosa comparecencia no Parlamento do Presidente Feijoo, lonxe de ofrecer un relato coherente e verosímil só amosou as suas peores aristas: soberbia, calumnia, indiferencia. Tamén evidenciou que está ferido e que a noticia divulgada lle produce malestar.

Feijoo acusou á oposición de todo: terrorismo,Herri Batasuna, Bildu, Escobar, EREs, etc, tamén ó medio que divulgou a noticia. Todo para enlamar o fundamental: a negativa a explicar os motivos e o contido dunha relación sorprendente: a dun alto cargo da Xunta, él mesmo, cun coñecido narcotraficante. ¿Por qué ten importancia esa relación de hai duas décadas?

Feijoo comenza a sua defensa faltando á verdade e vai construindo un relato onde falla ese primeiro elemento: sinxelamente é imposible que non soubera da actividade de Dorado neses anos cando estaba frecuentemente nos medios de comunicación, cando xa se producira a Operación Nécora, que marca un punto de inflexión na loita contra o narcotráfico, cando o número de mortos por drogas ou SIDA representaba a primeira causa de morte na mocedade galega, cando él mesmo como alto cargo de Sanidade coñecía de primeira man esos datos. Falta á verdade porque ésta é incómoda: non lle importaba a actividade do seu amigo, nin a ilegalidade da mesma, nin as consecuencias mortais que tiña para moita xente. En todo caso Feijoo sempre se refiere a él como contrabandista, consciente do estigma social que hoxe representa o narcotráfico.

As amizades, a diferencia da familia, dos compañeiros de estudos ou traballo, son electivas. A Psicoloxía social caracteriza a amizade como un sentimento baseado na comunión de valores, intereses ou ideais. De onde se poden deducir amizades baseadas na compartición, na comunicación ou na confianza íntima. O portavoz do Grupo Popular, no debate, aventurou unha explicación plausible sobre os motivos do narcotraficante: a lexitimación social. Compre preguntarse polos motivos do actual Presidente. Polas probas, alomenos eran motivos de compartición: ocio, viaxes, festas, relación con  terceiras persoas, etc. No clarexou si foi beneficiario de agasallos.Vinte anos despois segue sorprendendo esa comunión e cuestiona os valores sobre os que calquera actividade política debe sustentarse.

Feijoo tamén negouse a ofrecer datos sobre os posibles beneficios derivados desa amizade, alomenos para o seu amigo. Malia os indicios de contratación coa Xunta nesa época, Feijoo posteriormente intenta extender a sombra da dúbida sobre a contratación doutros gobernos coas mesmas empresas, para non falar do único delito posible: o tráfico de influencias no que él podería estar implicado.

Ademáis Feijoo falta á verdade sobre a duración desa relación, pois está demostrada ata 2003 polo xuiz que dirixiu a investigación. Unha mostra máis do interese en difuminar o que xa percibe como negativo.

Finalmente, ainda que sexa secundario en Galicia, pode preguntarse Qui prodest? A quen beneficia o escándalo?. Sen dúbida ós seus potenciais rivais no escenario estatal, o que sitúa a orixe da divulgación nas propias filas da dereita española. Porque en Galicia a presión da Xunta poderá retirar este asunto da axenda política, pero na política española será difícilmente esquencible. Para o futuro e diante da ausencia dun relato verosímil, Feijoo queda marcado como o amigo do narcotraficante.



No hay comentarios:

Publicar un comentario