1.En España a política educativa foi sempre espazo de confrontación
ideolóxica, pola intransixencia do pensamento conservador, hostil
históricamente ó ideal de igualdade. No século XIX o labor da
Institución Libre de Enseñanza, foi sistemáticamente atacado pola
dereita, ainda que as suas propostas e realizacións foron o xermolo
ideolóxico do pensamento educativo progresista durante un século. A
política educativa da Segunda República, principalmente no
primeiro bienio , creou miles de escolas, impulsou as
bibliotecas e reformou a formación do profesorado.
2.O franquismo tivo
una especial obsesión co ensino. Iniciouse cunha enorme depuración
dos corpos docentes. Durante duas décadas non se construiu ningún
instituto en España. O ensino foi cedido á Igrexa Católica,
mantendose una pequeña rede pública en instalacións abandoadas e
con corpos de profesores mínimos.A partir de 1960 o desarrollismo
solicita o apoio do Banco Mundial para salvar una economía en
bancarrota e, entre outras consecuencias, se aborda a primeira lei
moderna de educación en 1970, que implanta a coeducación e dispon
a escolarización obrigatoria e integrada ata os 14 anos, algo que
non se conseguirá ata 1976, medio século máis tarde que a meirande
parte dos países europeos. Tamén se suprimen as reválidas
existentes anteriormente. O analfabetismo manterá cotas importantes
ata os anos 80. Esa Lei se desenvolve en Galicia a medio dun Plan
especial de construccións que da lugar a moitos dos actuáis
colexios no medio rural, impoñendo o sistema de centros graduados e
integrados frente o anterior modelo de aulas dispersas nas
parroquias. Consecuencia dese modelo serán o transporte masivo de
estudantes e os comedores escolares.
3.Malia o seu avance
comparativo a Lei de 1970 era insuficiente para dar resposta ás
necesidades da sociedade. Os gobernos socialistas abordarán un
cambio profundo da estrutura do sistema educativo, homologándolo a
Europa, prolongando a escolarización ata os 16 anos, modernizando a
Formación Profesional, revisando o curriculum de todolos graos,
incrementando espectacularmente o número de profesores,
diversificando a oferta e deseñando políticas de atención máis
individualizadas. O ensino preescolar xeneralizouse así como os
estudos postobrigatorios. Das consecuencias abonda suliñar un dato,
neses anos o número de estudantes universitarios se multiplica por
dez ata acadar as medias europeas. Construironse numerosas
universidades, escolas técnicas e outros centros de formación
superior.
Tamén é o momento
da participación das familias, da apertura dos centros de ensino ó
seu entorno, da multiplicación de iniciativas renovadoras. No ámbito
do ensino privado implantase o sistema de concertos para regular as
subvencións do Estado e as obrigas do receptor.
4.A contrarreforma. O
Partido Popular actual está aproveitando a sua hexemonía electoral
no Estado e nas Comunidades Autónomas, para voltar a un modelo
fortemente desigual. O proxeto de lei en curso, a LOMCE, é claro:
segregación ós 13 anos en itinerarios diferentes, potenciación do
ensino privado, criterios mercantilistas, clasificación dos centros
de ensino. Nos gobernos autonómicos reducense becas e axudas,
implantanse copagos, son eliminados milleiros de profesores. O ensino
para quen pague. O ideal ilustrado da educación como
igualdade de oportunidades e fulcro para a movilidade social,
abandoado. Mantense un discurso máis neutro, coa austeridade como excusa para todo, pero os
feitos son indubitables e amosan un rápido deterioro do modelo de
ensino. Retrocedemos ó modelo franquista clásico. Compre suliñar
que os conservadores franceses ou de Alemaña ou de Estados Unidos,
non seguen ese modelo.
Na universidade,
devaluado o Grao, é necesario o Master, máis selectivo
económicamente. As taxas se incrementan a un ritmo superior ó das
becas.
Como hai un século
importa a diferencia, reproducir a orixe social, segregar nas edades
de ensino para separar socialmente na edade laboral: unha minoría
con oportunidades, unha maioría condeada a ser forza de traballo
intercambiable, desechable, con baixas retribucións, menores
oportunidades e sostida puntualmente por servizos de benestar en
progresivo abandono.
No hay comentarios:
Publicar un comentario