lunes, 3 de diciembre de 2012

UN MÍNIMO CAMBIO

A continuidade do Goberno anterior, coa excepción do Conselleiro de Industria, confirma os temores derivados do discurso de investidura: non haberá cambio de política porque ésta foi ratificada polas urnas. Nin está no estilo de Feijoo, producto da Administración, nin está na visión do PP, conscientemente subordinado ó Goberno central. Por eso repiten Conselleiros de marcado perfil burócrata, que só deben atender ó normal funcionamento dos seus Departamentos.

A excepción de Industria ten unha causa, a desastrosa xestión (Igape, eólicos, conflictos con empresarios, normativas pouco meditadas, propaganda excesiva, mesmo para os laxos parámetros da Xunta) e unha consecuencia, un perfil académico da confianza persoal do Presidente. Tratándose do único Departamento que dispon de recursos e polo tanto de capacidade para políticas diferentes, probablemente asistiremos a maior protagonismo presidencial por persoa interposta. O novo Conselleiro terá que adoptar algunhas decisións estratéxicas, alomenos nas políticas de incentivo, hoxe transformadas nunha chuvia fina de axudas de pouca incidencia. Tamén nas políticas de innovación, segregadas da I+D e sen obxectivos claros.Ésta última, a investigación, retrocedendo de ano en ano, en orzamentos e investigadores. E sobre todo será necesaria unha política enerxética, que remate cunha parálise provocada por decisións da Xunta e tamén do Goberno Rajoy. 

Nos sectores productivos, as promesas na industria naval agardan unha concreción. Nos demáis sectores e coa excepción do téxtil e da automoción, responsables conxuntos dos dous terzos das exportacións, a crise non coñece límites a situación se resume en 40000 empregos industriais perdidos na pasada lexislatura e na desaparición de empresas referentes. E unha nula capacidade atractiva de investimentos. A resposta territorial do anterior Conselleiro, Plans Impulsa de Ourense e Lugo, Plan Revive da Costa da Morte, Plan Ferrol, apenas tivo resultados.

Ainda se pode engadir o caos organizativo da Consellería coa multiplicidade de organismos autónomos de todo tipo, varios deles sen funcións claras. De feito é un dos organigramas más frondosos da Xunta e que pon en cuestión calquera discurso do Presidente, de austeridade e eficiencia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario