Non foi posible. Quizáis en Alemaña, Italia ou Portugal, si. A visión da política en España, tan cargada de grandes obxectivos, afirmacións indemostrables e promesas irreais, non facilita o lento proceso de acordos propio das coalicións. Posiblemente o propio perfil de varios dos principais actores, novos, sen experiencia de goberno, é unha dificultade engadida. Doutra banda, o Congreso foi o escenario da nova política, moi xestual e nada efectiva. A política como espectáculo coas regras de éste: efectismo, visualidade, contraste, banalidade. A recente celebración do aniversario de Cervantes no hemiciclo produce sorpresa: si o Goberno non e quen a organizar unha homenaxe de altura, as Cortes non parecen saber moito máis que repetir tópicos. A cultura, casi sempre, ausente da vida política.
En catro meses, ningun avance sobre os problemas básicos do país: o desemprego xuvenil, a crise do sistema de pensións, a reforma fiscal, Cataluña. Só un meritorio intento de acordo entre PSOE e Ciudadanos, recollido nun interesante documento de propostas. Os demáis grupos querían a repetición de eleccións. As enquisas avanzan un resultado semellante ó actual. Probablemente con pequenos matices que poden ser decisivos para unha nova maioría, que en todo caso será de coalición.
Algo debe influir na política española a herdanza do catolicismo, porque abusamos do debate sobre absolutos. Así, o pleno emprego, a fiscalidade progresiva, a reforma constitucional. Pero a sociedade avanza con medidas reformistas, onde coincidan moitas opinións e non con maximalismos que pola sua natureza crean división e antagonismo.
Agora reiniciamos o ciclo de campaña electoral e negociacións de goberno para abordar os problemas concretos en agosto, no mellor dos casos.
martes, 26 de abril de 2016
miércoles, 30 de marzo de 2016
QUÉ FACER - IV (final)
ABANDOAR A
CULTURA DA QUEIXA
Sen dúbida
sobran motivos para reclamar: do Goberno central, da Xunta, de
Bruxelas, da globalización, da banca, do clima, da herdanza... Poden
verse como problemas ou, máis pragmáticamente, como datos do
problema. Compre actuar, coller a iniciativa. Os exercicios de
estilo, tan cultivados, son inútiles: falar de fusionar concellos,
do individualismo arraigado, das esencias do país, da natalidade,
non producirá resultados. Galicia necesita unha certa épica do
futuro colectivo, amplamente asumida, cunha estratexia a medio prazo
de crecemento económico e de redistribución da riqueza, de búsqueda
de oportunidades, de mellora da formación, de garantías de non
exclusión. Un proxecto colectivo incluinte para rachar coa
dependencia progresiva. É algo máis cun programa de goberno. Non o
farán os que durante sete anos aplicaron o diktat da maioría
absoluta.
So
asumindo humildemente os erros do pasado e as nosas limitacións,
dialogando coas voces discrepantes, e coa participación de todos,
podemos abordar seriamente un proxecto colectivo ambicioso, de longo
prazo, difícil en todo caso. Non facelo é aceptar que Galicia será
un país para vellos, tranquilo e afastado dos países dinámicos,
das oportunidades, dos retos e do futuro.
QUÉ FACER - III
OPORTUNIDADES
FEBLES, QUE NON DESPREZABLES
A
primeira, a xente, o capital humano. É un tópico, pero tamén unha
evidencia. En ausencia de materias primas, ou de industrias punteiras
en tecnoloxía alta, ou de vis atractiva para o investimento, o noso
capital fundamental está no elevado nivel medio de benestar, na
cohesión social, no nivel educativo, nos valores ainda compartidos.
Demandamos, lóxicamente, o que ainda non temos, pero podemos
valorar, comparativamente, o que temos para construir. A iniciativa
so pode vir da xente. Ao sector público correspondelle crear as
condicións para que agrome. Compre pois investir no capital humano:
en educación, en idiomas, en excelencia. Recuperando o crédito,
favorecendo realmente o emprendimento, eliminando trabas
burocráticas, poñendo en valor os recursos. Tamén prestando
atención ás novas demandas sociais, de vivenda social en aluguer
que evite a inmovilización do aforro, demandas de conciliación que
serán nichos de emprego, demandas de transporte público que poden
favorecer a rexeneración urbana, etc. Cunha visión distinta, máis
esixente sobre o noso territorio e a paisaxe, tanto urban como rural
O inicio
da recuperación económica, ainda que sexa no nivel macro, ten xa un
efecto positivo medido polas enquisas, aumenta a confianza no futuro.
Sectores como
electrónica, mecánica avanzada, aeronáutica, automatización
ou biomediciña, están en condicións de competir no exterior,
contando con centros de investigación e académicos e con empresas
consolidadas. O Goberno galego debería definir unha política de
apoio ás empresas, firme, cun nivel de recursos siñificativo e
orientada á competitividade. Sen
esquencer que no sector primario, con todas as dificultades
coñecidas, segue existindo un potencial grande de crecemento,
evidentemente cambiando de política: no agro, na gandeiría, na
viticultura ou na silvicultura.
Doutra banda as Comunidades do Noroeste necesitan unha visión
territorial máis coordenada entre
si, pois
comparten problemas. A dinámica territorial non pode ser
exclusivamente Estado-CCAA e
menos ainda,
Estado versus Cataluña e País Vasco.
A
revolución urbana, chegada con tanto retraso, está baleirando o
mundo rural. Alí permanece a terra sin que as políticas de
mobilidade que incidirían por exemplo no custo de producción da
gandeiría, teñan funcionado ata hoxe. Desarrollo forestal e
industria alimentaria son sectores consolidados e con capacidade de
medrar, a condición de abordar os problemas pendentes con enfoques
máis modernos e contrastados noutros lugares.
A crise
institucional tamén crea unha oportunidade. As demandas de
exemplaridade na xestión pública, de revisión de prioridades no
gasto, deberían de permitir a modernización das institucións,
racionalizando gastos, reordenando competencias, revisando custos,
explorando novas formas de xestión. Concellos e Deputacións, Xunta
e Universidades, empresas e entes públicos, o frondoso sector
público debería revisar pautas de funcionamento, avaliar os
servizos que presta, favorecer a competencia, buscar sinerxias coa
iniciativa privada.
Finalmente
hai que sair fora. Si somos periferia da periferia, si temos
dificultades para captar investimento, si non atraemos inmigrantes
pero producimos emigrantes, non podemos agardar. O noso futuro, como
acontece con tantos países de pequeño tamaño, está no exterior.
No mercado comunitario pero tamén na América da diáspora onde
existe un tecido empresarial en mans de emigrantes de segunda ou
terceira xeneración que pode ser fiestra de oportunidade nun
itinerario de doble dirección. Cultura propia e marca-país
existen, so falta poñelos en valor o servizo dunha estratexia
ambiciosa, profesionalizada e con obxectivos nidios. Tamén os países
emerxentes ofrecen oportunidades. Entre outros factores necesarios
compre ter unha política marítima, que poña en valor as radas
portuarias, capte tráficos, desarrolle a contenerización e o
tráfico de mercadorías de maior valor, como compre unha política
aeroportuaria menos queixosa con Oporto e máis atenta ós obxectivos
propios.
martes, 29 de marzo de 2016
QUÉ FACER - II
AMEAZAS
FORTES
Unha
somera análise DAFO, indicanos que o primeiro problema do país
galego é a insuficiencia de oportunidades de emprego. Actualmente o
número de persoas empregadas e de persoas cotizantes á Seguridade
Social, é menor que no pasado, mentras o número de pensionistas
medra vertixinosamente. O número de parados é maior e deles unha
elevada porcentaxe son de longa duración e polo tanto de difícil
reinserción. Os contratos asinados, abrumadoramente temporais, duran
poucas semanas, coñecen unha elevada rotación e reciben baixos
salarios. Da incapacidade da economía galega para crear emprego,
abonda cun dato. Casi a cuarta parte dos asalariados galegos
traballan directamente para a Administración, seis puntos máis ca
media española. A crise casi endémica de sectores relevantes no
emprego como a industria naval, o leite ou a pesca, indican que
ainda non tocamos fondo. A industria perdida durante a crise terá
difícil recuperación. A construcción, noutrora acolledora dun
elevado volume de traballadores con baixa cualificación,
desapareceu. Sectores con potencial crecemento como o forestal, a
industria alimentaria ou o turismo, arrastran problemas estruturais.
A política
económica desarrollada pola Xunta de Galicia ten fracasado. Tiña
como norte controlar o déficit fiscal, sacrificando o investimento
público, o gasto social e as políticas sectoriais. Tamén o gasto
en I+D. Partindo dunha concepción restrictiva da xestión pública,
as principais actuacións foron dirixidas a reformular o Estado de
Benestar, introducindo criterios de copago e de externalización dos
servizos. Uns e outros fortemente contestados e de dubidoso futuro.
Hoxe Bruxelas esixe novos recortes por importe de 9000 millóns de
euros mentras o déficit estatal segue sendo elevado. Nestes anos
o aumento de productividade empresarial foi consecuencia da
devaluación salarial e non do investimento de capital ou tecnoloxía.
E o peso da débeda pública será unha lousa para futuros gobernos.
Os
informes internacionais alertan do retraso de Galicia nos indicadores
de competitividade. Tamén nas facilidades para crear ou desarrollar
empresas. A elevada producción lexislativa do Parlamento galego, ten
carácter marcadamente burocrático e impacto mínimo na economía
real.
É sabido
que o cativo tamaño das empresas galegas dificulta tanto a
internacionalización como a innovación. De feito as duas empresas
principais, Citroën en Vigo e Inditex na Coruña, son responsables
de dous terzos das exportacións. Doutra banda non abonda con
exportar máis, debe lograrse superávit no saldo de intercambios.
Xunta e tamén empresarios non foron quen ata agora de cambiar esa
situación de xeito perceptible. Mesmo, en ocasións, a iniciativa
política foi letal para as empresas, como no sector eólico, hoxe
paralizado pola reforma eléctrica.
Unha
ameaza distinta ven representada pola propia posición periférica. O
relevante impulso das infraestruturas, autovías, estradas,
ferrocarril, portos, que recibiron un investimento estatal sen
precedentes, non está sendo acompañado de iniciativas de posta en
valor. Dificultades para captar investimentos empresariais do
exterior cando existe unha notable oferta de solo empresarial,
funcionamento burocrático dos principais portos, pouco activos na
captación de tráficos de alto valor engadido e de investimentos.
Inexistentes políticas ferroviaria e aeroportuaria.
Nos
últimos sete anos, o goberno galego non tivo interés en impulsar
unha política empresarial consistente e de longo prazo, nin en
abordar ou paliar o desemprego. Non existe unha política exterior
digna de tal nome. No seu lugar abondosos discursos sobre a
eurorrexión, a macrorrexión ou Europa que non foron acompañados en
ningun caso de políticas rigurosas e sostidas no tempo. O impulso
limitouse ó discurso e á propaganda.
Unha
terceira ameaza é de oportunidade. A crise institucional con
Cataluña, cuestionando o Estado actual e como consecuencia o marco
económico e social, relega o peso dos demáis problemas
territoriais. Calquera solución para aquel territorio que implique
incremento de recursos propios, será en detrimento das Comunidades
que son receptoras netas, Galicia entre elas. O debate suscitado por
algún grupo político sobre o custo-beneficio do AVE para alguns
territorios, é un indicio do que ven. Na deriva do problema catalán
hai un punto de partida: a reinvindicación de maior autonomía
fiscal ou, noutros termos, de minorar o criterio de solidariedade
entre territorios. As fórmulas para resolvelo abarcan dende un
sistema semellante ó cupo vasco ata un incremento de transferencias
ou de investimentos. Pero na suma final, o gasto público do Estado
terá que ser redistribuido á baixa. Sin entrar a considerar a
inevitable reforma do sistema de pensións, pola vía do gasto ou
pola vía do ingreso mediante novas figuras impositivas que tamén
incidirán nos recursos dispoñibles.
Si as duas
primeiras ameazas citadas, mercado de traballo ou situación
periférica deben de ser abordadas polo autogoberno cos axentes
económicos mentras a terceira, Cataluña, depende da política
estatal, a cuarta ameaza está en nos: a feble sociedade civil. Un
peso tan elevado da Administración no emprego e na distribución de
axudas, fronte a institucións empresariais, culturais ou sociais de
pequeno tamaño agás excepcións, non favorece que agromen
iniciativas. Nin de carácter emprendedor, nin de organización
social, nin como grupos de presión. Ese desequilibrio entre un
sector público grande pero pouco innovador e un sector privado
heteroxéneo e con poucos referentes, afecta a tódalas esferas da
sociedade: medios de comunicación, universidades, organizacións non
gubernamentais, entidades empresariais ou sociais, etc. É un bucle
de retroalimentación na dependencia.
lunes, 28 de marzo de 2016
QUÉ FACER - I
FEBLES
OPORTUNIDADES E FORTES AMEAZAS
Cuarenta
anos de democracia, trinta e cinco de autogoberno e trinta na Unión
Europea, teñen modificado fondamente o país galego. Trocamos unha
economía dependente do sector primario, agricultura, gandeiría e
pesca, pola terciarización común na contorna europea, e o país dos
trinta mil núcleos de poboación por una sociedade urbanizada.
Rematouse co aillamento secular mediante unha dense rede de
infraestruturas avanzadas e co atraso educativo, ata igualar as taxas
de universitarios propias dos territorios máis adiantados. Estamos
plenamente incorporados ás pautas culturais da época, no consumo,
na cultura, nas tendencias, superando a visión costumista de
Galicia, tradicionalmente dominante alén de Pedrafita.
Subsisten,
naturalmente, diferencias. No ranking territorial seguimos no grupo
secundario. Todos melloramos, pero mantendo as posicións relativas.
As nosas principais eivas podense agrupar en duas rúbricas. Dunha
banda, as derivadas da nosa posición, periférica en España e ainda
máis na Europa comunitaria. Certamente hai máis mundo que o bloco
comunitario, pero está máis lonxe en todolos sentidos. O triángulo
delimitado polo País Vasco, Madrid e Cataluña, está sendo tractor
do desarrollo económico e da apertura exterior. O resto do
territorio español está perdendo poboación, investimentos e
dinamismo. Hai duas velocidades, tanto na UE como en España. Mesmo
dentro de Galicia.
A segunda
rúbrica agrupa os datos específicamente galegos. A demografía
recesiva, o forte envellecimento, o despoboamento do interior, os
movimentos migratorios. Debuxan un país en declive, que esmorece e
abandoa o territorio. A nova emigración afecta precisamente as
persoas máis cualificadas e na edade de procrear. Os movimentos da
poboación documentados no Censo son incontestables tanto en cifras
absolutas como nas tendencias.
Institucionalmente
Galicia ven sendo un territorio moi estable. O autogoberno foi
dirixido durante o 83% da historia democrática, por unha maioría
absoluta conservadora. O tempo restante, un 17%, por gobernos de
coalicións progresistas. Trinta anos de presidentes conservadores
por seis de presidentes socialistas. Tamén as Administracións
Locais, Concellos e Deputacións, tiveron gobernos estables de xeito
maioritario.
No ano en
curso coinciden varios factores novidosos. Unha lenta recuperación
da crise económica, visible nas magnitudes macroeconómicas pero
máis incerta no mercado laboral, salarios, contratos ou
estabilidade. Un escenario internacional cheo de incertidumes, con
ralentización do crecemento, turbulencias financieiras, crise das
economías emerxentes, crise migratoria en explosión e conflitos en
Oriente Medio co correlato de ameazas terroristas certas para os
países europeos. No plano doméstico a maior inestabilidade
institucional, consecuencia das eleccións xerais de decembro pasado
e a crise de Cataluña, de difícil pronóstico. Ainda debemos
engadir as eleccións autonómicas galegas previstas para outono e a
posible repetición das eleccións xerais en xuño.
viernes, 25 de marzo de 2016
QUO VADIS, FEIJÓO?
A repetir como candidato, obviamente. Y en el menor tiempo posible, convocando elecciones antes de 90 días con toda probabilidad. Con una hábil dosificación de incertidumbre, hasta lograr que todos y cada uno de sus compañeros del directorio popular se lo pidan reiteradamente mientras los medios de comunicación se prestan al juego uno y otro día. Y con sus rivales derrotados, defenestrados, liquidados o en desbandada. ¡Así se las ponían a Fernando VII!.
Desde hace semanas, cual parada militar, viene moviendo el banquillo provincial, reordenando las huestes y asegurando lealtades. Con malos datos de gestión que ya nadie oculta pero sin rivales conocidos. En siete años ha visto pasar cuatro Secretarios Generales socialistas y tres portavoces parlamentarios, curiosamente los mismos cambios que ha sufrido el BNG, mientras AGE, en la mitad de tiempo, ha conocido ya dos portavoces y tres escisiones parlamentarias.
En el ámbito todavía mayoritario de la izquierda, el PSdeG-PSOE, se ha reeditado la tendencia peor de su ya larga historia, la subordinación absoluta a la agenda e intereses del aparato federal. Quienes deberían de ser llamados a unir fuerzas, son forzados al ostracismo. La justicia (¿ciega?) ha hecho el resto.
En su libro "De la guerra", Clausewitz hace un detallado análisis de la estrategia aplicable en los conflictos, considerando que el momento del ataque es la opción del fuerte y que en caso de varios rivales, además de tratarlos unitariamente no debe concederseles la ventaja del tiempo. No es razonable pensar que los estrategas populares desconocen esas lecciones o que el electorado volátil no ha tomado nota de las tendencias cainitas de la oposición.
miércoles, 16 de marzo de 2016
INVESTIDURA, ACTO II
Fracasado el primer intento de investidura en la persona de Pedro Sánchez, la política española ha comenzado a evolucionar. De manera perceptible en Cataluña, donde se realizan encuentros de trabajo con los ministros en funciones, se rompe la alianza nacionalista en la Alcaldía de Girona en favor de un pacto entre Democracia y Libertad (antes Convergencia) con el PSC y el Ejecutivo comienza a dar muestras de giro político hacia el pragmatismo. Evoluciona en Podemos que, en medio de múltiples crisis orgánicas, acepta ahora negociar sin condiciones previas. Evoluciona menos en el PP, que comienza a escuchar mensajes de cambio mientras trata de hacer gestos de distensión: posición política en Bruselas, actos cívicos del 11 de marzo y con los opositores venezolanos.
De una situación vociferante e inútil, estamos pasando a un paisaje de pequeños gestos, de encuentros con mayor o menor contenido y de concreción. El primer paso para llegar a algún acuerdo.
Por otra parte Pedro Sánchez ha emprendido una gira por el territorio, entrevistándose con los dirigentes de aquellas formaciones que le negaron la investidura. Al tiempo que realza su dimensión pública, establece contactos directos con quienes están agrupados o representados en las Cortes. Diálogo a múltiples bandas y no ligado exclusivamente a los grupos parlamentarios. Sea cual sea el final, nueva investidura o elecciones, el tiempo no se habrá perdido.
Transcurridos tres meses desde las elecciones es sorprendente que no se hayan abierto debates o foros sobre los principales problemas que deberá abordar el próximo gobierno. Se ofrecen unos a otros pactos o acuerdos, pero nunca se avanza en sus contenidos. Quizás porque el desinterés mediático está descontado. Y sin embargo los ciudadanos merecen algo más que una sucesión continuada de mensajes medidos, de poco contenido real y nada explicativos. Es un déficit más en la calidad democrática.
De una situación vociferante e inútil, estamos pasando a un paisaje de pequeños gestos, de encuentros con mayor o menor contenido y de concreción. El primer paso para llegar a algún acuerdo.
Por otra parte Pedro Sánchez ha emprendido una gira por el territorio, entrevistándose con los dirigentes de aquellas formaciones que le negaron la investidura. Al tiempo que realza su dimensión pública, establece contactos directos con quienes están agrupados o representados en las Cortes. Diálogo a múltiples bandas y no ligado exclusivamente a los grupos parlamentarios. Sea cual sea el final, nueva investidura o elecciones, el tiempo no se habrá perdido.
Transcurridos tres meses desde las elecciones es sorprendente que no se hayan abierto debates o foros sobre los principales problemas que deberá abordar el próximo gobierno. Se ofrecen unos a otros pactos o acuerdos, pero nunca se avanza en sus contenidos. Quizás porque el desinterés mediático está descontado. Y sin embargo los ciudadanos merecen algo más que una sucesión continuada de mensajes medidos, de poco contenido real y nada explicativos. Es un déficit más en la calidad democrática.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)