lunes, 23 de noviembre de 2015

EL MAL ARGUMENTO DE LA GUERRA

El terrorismo yihadista ha golpeado en París y, como ayer en Nueva York o en Madrid, la respuesta emocional ha sido inmediata. Despliegues policiales, ataques militares, mucho ruido mediático y poco análisis político. Atentados recientes igualmente mortíferos, en el Sinaí, en Ankara o en Beirut, no han provocado esa reacción apresurada de los gobiernos europeos. Hollande, como ayer Bush, ha desencadenado la respuesta de más alto nivel, la guerra.

Sin embargo el problema es muy complejo y difícilmente puede reducirse a un escenario de confrontación de ejércitos. Los atentados han sido ejecutados por jóvenes europeos, socializados en instituciones laicas y gozando de un nivel de bienestar que sus familias no conocieron jamás en los países de origen. Pero han sido captados y adoctrinados en el seno de la Unión Europea, en una visión fanática que asume el suicidio como martirio. La financiación y los adoctrinadores se mantienen en zona de sombra, aunque son conocidos suficientemente por los Gobiernos. De entrada parece que existen fallos clamorosos de inteligencia y de eficacia.

Ahora el enemigo es el ISIS como hace una década lo fue Al-Qaeda. Pero tras destruir tres países, Afganistán, Irak y Siria, el problema es hoy más grave que en 2001, como se comprueba en la multiplicación de incidentes en todos los continentes y la aparición de Estados fallidos como Libia, Somalia o el nuevo Irak por no hablar del Daesh, mal llamado Estado islámico.

La política de arrojar bombas mientras se evita la consolidación de países viables que afronten en origen sus propios problemas está creando un gigantesco éxodo migratorio hacia Europa, la quiebra de la solidaridad en la Unión Europea así como la llegada de más personas susceptibles de enrolarse en grupos fanatizados. Lo afirma la doctrina clásica pero se olvida con frecuencia: las armas no resuelven los problemas políticos. Y menos cuando el enemigo no está claramente definido, los objetivos son ambiguos y el terreno desconocido.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

HUMILLACIÓN

Según documentos publicados, presuntamente unha muller pide un posto de traballo en Ourense a un alto cargo popular. É convocada a unha entrevista, non na oficiña de emprego, sinon na suite 505 dun hotel. Se lle informa por SMS que non necesita curriculum, nin identificación, só necesita decisión.
Doutro lado da porta non hai un tribunal,  so o herdeiro do cacique de Ourense, célebre en toda España, Baltar. Ambos responsables de contratar na Deputación masivamente a cargos do PP ou familiares en primeiro grao dos mesmos. Co pleno respaldo dos  gobernos de Fraga e de Feijóo.
A xustiza inhabilitou tardiamente a un deles. Unha lanzada a moro morto.

O interesado negase a dar explicacions sobre asuntos que chama privados. Co respaldo do Partido Popular  boicotea o control democrático na Deputación mentras divulga un escrito cheo de zafias descalificacións da oposición. E Feijóo recrease no peor estereotipo machista, responsabilizando á vitima de promover un delito, de incitar ó prohibido. O acosador exonerado e a vitima execrada. Quen debe facer cumprir a lei respalda ó acosador e maltrata á vitima.

Son presuntos feitos de violencia de xénero, de acoso sexual coa promesa de favores según a lei galega. Na suite 505, unha muller ten que entregarse como na época feudal, para ser bulrada, e ademáis maltratada públicamente. Cantas mulleres mais terán que pasar por esas horcas caudinas?

En Galicia hai cinco mil denuncias anuais por violencia de xénero e  mil duascentas mulleres necesitan protección. O Presidente galego dixo hoxe no Parlamento que non é o problema principal.

martes, 10 de noviembre de 2015

SOMBRAS NA TRANSPARENCIA

O próximo mes entra en vigor plenamente a Lei  do Estado, 9/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Casi no límite, a Xunta ven de presentar a norma autonómica de desarrollo, que sustituirá á lei aprobada por unanimidade en Galicia no 2006, a primeira do Estado.

Dacordo cos datos de  Transparencia Internacional, Galicia foi retrocedendo postos, dende a primeira posición no ano 2010 ata a quinta no 2014. O Parlamento non ocupa unha boa posición, a decimoterceira. Só tres das grandes cidades galegas están por riba da media española como acontece con duas das catro Deputacións. En canto ós únicos organismos autónomos analizados, que son os entes xestores da política hidráulica, Augas de Galicia ocupa a penúltima posición. En resume, queda moito por facer en todolos planos das Administracións galegas.

A norma proposta polo goberno galego presenta algunhas eivas notables.  Por exemplo, os conflitos de intereses, entre o sector privado e o sector público.Temos evidencia recente de como funciona ese entramado de intereses no novo Hospital de Vigo. Logo de varios anos a Xunta ainda non foi capaz de ofrecer documentación solvente que avale a fórmula de xestión elexida.

Segundo exemplo, tamén sanitario. Está documentado como o conflito das vacinas deu lugar a un formidable negocio coa connivencia dalguns sectores profesionais. Si no Reino Unido se vacunaba o 2% dos menores contra unha das doenzas, e o 7% en Francia, en España foron vendidas doses para o 90%. As Administracións tardaron un ano en reaccionar de xeito coordenado diante dun claro sesgo de política de saúde inducido dende intereses comerciais.

Terceiro exemplo notable é a regulación do sector eléctrico. As cinco grandes compañías eléctricas españolas, con cifras de beneficios superior as suas homólogas europeas, marcan a axenda do Ministerio en asuntos como as enerxías renovables ou recentemente no Decreto de Autoconsumo, mesmo desprezando os informes da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia. Así o Goberno adopta solucións distintas ás que son impulsadas en países da nosa contorna, en beneficio exclusivo dos cinco operadores devanditos. A transparencia do sector é mínima e os intereses presentes en cada problema enerxético, raramente son explicitados.

O conflito de intereses tamén se produce no nivel dos funcionarios con capacidade de proposta ou que interveñen de xeito obrigado mediante informes nos procesos de adxudicación.  De novo o Hospital de Vigo ven de ofrecer unha mostra preocupante, onde o seguimento do contrato estaba adxudicado a unha persoa procedente da Admistración sanitaria e polo tanto con coñecemento profundo dos mecanismos reais de control dos servizos públicos e das concesións administrativas.

Un informe recente explicaba que o 55% dos abogados do Estado teñen dedicación parcial e un 40% están en excedencia. Non é comprensible que quen representa os intereses xerais, sexa captado polos intereses privados en conflito co Estado. Ten ocurrido, por exemplo no accidente do Prestige, que esta semana conmemoramos. 

Defendemos que a transparencia se extenda ás resolucións de autorización de compatibilidade que afecten tanto ós empregados públicos como os altos cargos logo do seu cese. Si se quere controlar unha práctica opaca utilizada como pago de favores, debe dificultarse o trasvase irrestricto, coloquialmente coñecido como “portas xiratorias”, establecendo limitacións tanto na saida como no reingreso.

O proxeto que hoxe debatimos exclúe da sua aplicación a entidades que este Grupo Parlamentario considera necesariamente suxeitas á transparencia, como as Administracións locais, as sociedades mercantís con participación do sector público superior a determiñada procentaxe e mesmo ás entidades privadas que perciban axudas por riba dun umbral e nas que as axudas representen unha fracción importante dos seus ingresos.

Tamén detectamos carencias no tratamento da contratación pública. Si asumimos que ten un efecto multiplicador no tecido económico, compre prestarlle máis atención e superar as disfuncións que os propios empresarios veñen denunciando. Así propoñemos publicar a informacion sobre cesión de contratos e sobre subcontratacións, e avaliar periódicamente a política de compra pública da Administración.

Ademáis, e recollendo a opinión de moitos expertos, propoñemos que todolos proxetos de investimento público superiores a cinco millóns de euros sexan obxeto previo dunha análise externa de coste-beneficio, algo que mellorará a eficiencia dos mesmos. E naturalmente que esas avaliacións sexan públicas. Tanto si son proxetos de execución directa ,concesional ou en rexime de colaboración público-privada. De novo, trátase de evitar que se repita o procedimento do novo Hospital de Vigo ou da Cidade da Cultura.

En materia de urbanismo propoñemos extender a información pública ás resolucións e informes da Xunta e tamén da Comisión Superior de Urbanismo e da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Porque é arredor do urbanismo onde se teñen producido os casos de corrupción de máis sona.

Ademáis propoñemos que se incorpore o concepto de “Pegada Lexislativa”, para coñecer en todo proxecto de lei os informes, asesoramentos, suxerencias de entidades alleas ó órgano promotor da iniciativa lexislativa e poder valorar os intereses afectados ou implicados. As normas ademáis de proceder da vontade libérrima do goberno, tamén respostan a demandas de grupos de interese. Esas demandas deben quedar explicitadas diante da opinión pública no trámite lexislativo.

Finalmente quería defender o principio da Regulación de Calidade, “better regulation”, tan ausente na producción lexislativa do goberno, e que debería de ser incorporado nesta norma. A frondosa producción lexislativa adolece dun elevado grao de improvisación como se demostra coas continuas modificacións de normas recentes. Inseguridade xurídica e exceso normativo contrarios a ese principio impulsado pola Unión Europea. Estou a falar dun tópico da Administración española que está lonxe de ser correxido e que mesmo dificulta o funcionamento das empresas no noso país, como teñen explicado distintos informes.


domingo, 8 de noviembre de 2015

A DESUNIÓN DOS UNITARIOS

A DESUNIÓN DOS UNITARIOS
A defensa da integración, da lista unitaria, da voz única en Madrid é un clásico da vida política galega, o ave fénix que xorde das suas cinzas recurrentemente, goza de audiencia mediática e desaparece piadosamente derrotado ata ó episodio seguinte. Trátase dun nacionalismo blando, “á gauche”, con moitos nomes constantes, que se artella en plataformas e manifestos suficientemente vagos como para non suscitar críticas e tan ambiguos que no provocan entusiasmos.
Obviando as notables diferencias de cultura e de programa, pretendese unha mestura insípida. Teñen a mesma voz, visión e alianzas, nacionalistas clásicos e neocomunistas? Hai algunha visión compartida en política económica, social, cultural ou institucional?.
O resultado final nesta ocasión era tan previsible coma nas anteriores. Os unitarios rematan divididos en sendas coalicións, unha estrictamente nacionalista e outra mixta con varias organizacións descolgadas de ambas. É difícil que poidan escribir o futuro ou determiñar un goberno, estatal ou autonómico, sen antes definir propostas, disipar ambigüedades.
Os promotores, no seu enésimo fracaso, fican silenciosos, incapaces de aportar a luz necesaria a un debate recurrente. Antes calados para non ser excluidos da tribu que posicionados . Unha vez máis, a envoltura da forma, Galicia, para tapar o inexistente contido, qué Galicia.
Logo de catro décadas de democracia, con todo tipo de fórmulas de goberno e de representación, subsiste unha visión romántica da vida política, como espazo de unidade simbólica e non de confrontación de ideas e propostas, que defende un pacto previo que evite o debate en nome do pretendido interese superior do país. A mesma música de Cataluña. Na democracia os pactos deben de ser consecuencia do debate e confrontación de ideas, no substitutos dos conflitos sociais.