martes, 22 de enero de 2013

REXURDIMENTO SOCIALISTA e 5

ONDE IMOS

Para sairmos desta situación, non temos que mirar cara adentro, sinón á sociedade. Porque os valores seguen vixentes, mesmo máis que antes, diante da extensión da crise e do número de damnificados. Os cidadáns rexeitaron as polítics non os valores. Pero os valores non son abstractos, se instrumentan en políticas.

As políticas de igualdade en época de crise obrigan a abordar e suprimir os privilexios que manteñen alguns grupos sociais ou económicos e a extender os principios de transparencia na actuación pública, na contratación de bens e servizos, no planeamento urbanístico, no acceso ó emprego público, nos beneficios fiscais. Non ten sentido que un elevado número de empregos públicos estén excluidos dos principios de publicidade e mérito, quedando reservados para prácticas clientelares: directivos da sanidade, do ensino, xefes de servizo, etc. As corporacións profesionais, as institucións económicas, as eclesiásticas, as grandes fortunas e patrimonios, teñen que ser solidarias coa situación xeral de crise e aceptar a supresión de rexímenes de beneficios ou privilexios. Tamén compre facer máis eficientes os servizos públicos para garantir a sostibilidade económica dos mesmos.

As políticas de igualdade necesarias hoxe deben facilitar a participación dos cidadáns na vida política, modificando a lei electoral, reducindo a barreira de acceso ó Parlamento. Tamén aproximando ós representantes elexidos ós electores mediante distritos uninominais, que permitan ademáis desarrollar o responsabilidade dos cargos públicos diante dos seus electores. Unha práctica que, xunto coa eliminación das listas pechadas en calquera votación,  reduciría a influenza das estruturas dos Partidos .Debemos conseguir que os Gobernos rindan contas con máis claridade e de xeito sistemático e facilitar o acceso público ás fontes documentais da Administración,  para o seu uso na vida empresarial ou privada.

Políticas de igualdade obrigan a mellorar fondamente a Administración de Xustiza, axilizando procedimentos, reducindo tempos de resolución, facilitando a execución de sentenzas. E a impulsar o pleno laicismo dos poderes públicos, como garantes, entre outros principios, da liberdade de culto e práctica relixiosa.

Tamén a situación actual nos obriga a revisar a arquitectura institucional, soportada con impostos. ¿Ten sentido o Valedor do Pobo (2 millóns de euros anuais) a carón da Xurisdicción Contencioso-Administrativa? ¿Ou o Consello da Cultura (2´7 millóns de euros anuais) xunto á Consellería de igual nome? ¿E a redundancia do Consello Económico e Social (0´8 m€) co Consello de Relacións Laborais (1´1 m€)? ¿Cal é o papel da CRTVG (119 m€), ademáis de ser altoparlante do goberno? ¿Fan algo as Deputacións Provinciais (477 m€, incluindo 5m€ en órganos directivos) que non poidan facer os Concellos ou a Xunta? ¿E o Senado (50m€) non ten amosado amplamente a sua prescindibilidade? ¿Podemos soster a autonomía dos 315 Concellos (34m€ en órganos directivos, 7´5 m€ nos de menos de 50000 habitantes? ¿Ata onde debemos impulsar políticas de agrupamento de servizos?


O Partido Socialista ten que impulsar á sociedade civil porque ésta será a mellor aliada. E polo tanto compre mellorar o papel do Tercer Sector (ONGs, Fundacións, entidades sen ánimo de lucro) na prestación de servizos de proximidade, así como impulsar o mecenado.Unha sociedade civil forte, artellada, é un elemento de control das conductas desviadas, do abuso de poder, da atonía dos gobernos, e polo tanto favorece a causa da maioría, dos que necesitan axudas e recursos.

Unha sociedade civil forte necesita medios de comunicación independentes. A estreita relación actual entre medios e gobernos, é mala para ambos. Impide ós medios exercer un labor de control libre de compromisos e crea nos gobernos a tentación de actuar para os medios.

Compre desarrollar unha nova visión da loita contra a corrupción. Ata agora foi considerada fundamentalmente como un problema de persoas que non foron quen de antepoñer o seu compromiso ético, pero a evidencia dos últimos anos amosa que hai factores estruturais que debemos abordar: cambios lexislativos, mecanismos de prevención nas Administracións e criterios firmes e transparentes para alonxar da política ás persoas con evidencia de estar incursos en prácticas irregulares, sen agardar ás resolucións xudiciais.


Na política territorial non se debe perder a visión de España nin a integración nas políticas comúns. Así o perciben os nosos electores e así podemos contribuir dende o territorio propio ó esforzo común. Evitando barreiras artificiais no mercado interior, impulsando as políticas de cooperación interterritorial e co Estado, espallando un pensamento propio na construcción dunha sociedade máis xusta e solidaria. Pola mesma razón debemos ter unha visión de Galicia na Europa comunitaria, que xa non será só un lugar financiador do desarrollo sinon sobre todo un marco de política económica imprescindible, pero tamén un espazo de oportunidades de desarrollo e de cooperación.

Finalmente compre asumir ca estrutura do Partido está hipertrofiada. Numerosos órganos, numerosos debates e eleccións internas que provocan divisións artificiais en detrimento do labor no ámbito asociativo, sindical ou profesional. É evidente a carencia de propostas que non sexan de coxuntura. 
Bastaría simplificar as estruturas, reducindo o número dos seus membros e deslindando competencias. Se debe sustituir a cultura da confrontación sistemática pola cooperación, implantar o procedimento de eleccións primarias como modo de selección de dirixentes e de responsables da organización, tamén de cargos públicos. Listas abertas, competencia aberta e transparencia total.









lunes, 21 de enero de 2013

REXURDIMENTO DO SOCIALISMO 4

O Estatuto de Autonomía de Galicia foi aprobado grazas a toma de posición inequívoca do Partido Socialista, que desbloqueou con UCD un texto que fora censurado multitudinariamente. De novo repetiuse o proceso de 1936. Foi a posición constante dos socialistas, dende a recuperación da democracia, a que permitiu primeiro o recoñecemento de Galicia como nacionalidade histórica na Constitución e logo a aprobación dun Estatuto semellante ós das outras Comunidades que ostentaban ese título competencial, algo que rexeitaban os conservadores. Os nacionalistas rexeitaban ambos, Constitución e Estatuto de Autonomía.

Os resultados electorais en Galicia foron medrando paseniñamente nas eleccións autonómicas e municipais, ainda que nestas últimas mantivemos importantes gobernos locais dende época temperá e durante moito tempo. Pero os resultados foron habitualmente consecuencia dos resultados en España. Tradicionalmente o PSOE tivo máis apoio electoral en Galicia nas eleccións xerais que nas eleccións autonómicas. Probablemente polo menor arraigo social do Partido no territorio galego, quizais tamén pola dificultade de artellar unha política específica para as necesidades e problemas singulares de Galicia, sen esquencer a ausencia de lideratos en Galicia ou o enquistamento interno en taifas locais arredor das Alcaldías.

Vexamos alguns datos da historia recente.



EVOLUCION DO VOTO DURANTE A ULTIMA DÉCADA EN GALICIA

%             PP  PSOE  BNG  EU-ANOVA
X-OO      54      24      19               1
A-01        53      22     23                1
M-03       41      27      19               1
X-04        47      37     11                2
A-05        46      34     19                1
M-07       40      29      19               2
X-08        44      41     12                1
A-09        47      32     16                1
M-11       45      26      17               2
X-11        45      26      17               2
A-12        46      21     10              14

Os datos indican que o PSdeG-PSOE, ten os seus mellores resultados nas eleccións xerais, seguidos das eleccións autonómicas e das eleccións municipais, mentras o PP manten unha grande semellanza entre as eleccións xerais e autonómicas.

Tamén indican a perda da metade do electorado socialista dende as eleccións xerais do 2008. Non é menos certo que o PP non acada a metade do electorado e que a esquerda globalmente considerada sobarda a metade, pero a lei electoral ten un efecto corrector.
O gráfico seguinte resume esa información.




EVOLUCIÓN DO VOTO URBAN NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS
( NOS 22 CONCELLOS CON MÁIS DE 20000 HABITANTES)

%                                 M-03 M-07 M-11
AMES                            31      39      28
ARTEIXO                      26      24      16
CAMBRE                      28      29      20
CARBALLO                 12      13        9
CORUÑA                      46      35      27
CULLEREDO               55      40      35
FERROL                       13      32      24
NARÓN                          6      13        9
OLEIROS                      18      20        9
RIBEIRA                      11       13      16
SANTIAGO                  40      38      31
LUGO                           51      45      39
OURENSE                    20      27      37
A ESTRADA                25      43      41
CANGAS                      12      20      15
LALÍN                          20      22      18
MARÍN                         35      25      21
PONTEAREAS            12      19      15
PONTEVEDRA           18      22      13
REDONDELA             36      31      31
VIG O                          28      29      34
VILAGARCÍA            41      33      24


Nos 22 Concellos máis importantes, con poboación superior a 20000 habitantes, a representación socialista pode resumirse así:
Menos do 10% electoral, 3 Concellos
Entre 10% - 20%, 6 Concellos
Entre 20% - 30%,  6 Concellos
Máis do 30%,  7  Concellos

Actualmente o PSdeG-PSOE goberna 4 deses Concellos e cogoberna en dous máis.

Segue un gráfico que resume os datos:





O Partido Socialista gobernou en Galicia durante 6 anos, dun total de 31 anos de Autonomía, é decir, o 22% da nosa historia recente. Foron dous períodos diferentes, ambos sen gañar as eleccións. O primeiro mediante unha moción de censura en 1987, que permitiu un goberno de coalición con dous partidos máis, un nacionalista e outro derivado da escisión conservadora. A segunda ocasión,  no 2005, cando os conservadores perderon a maioría absoluta, formándose unha coalición cun partido nacionalista.Os Presidentes González Laxe e Pérez Touriño, deixaron en cadanseu mandato, obras, lexislación e actuacións de referencia, que forman parte dos sinais de identidade do socialismo galego e que deben ser lembradas e valoradas, pois son fitos que ata hoxe os gobernos conservadores non poideron superar.

Suliñemos ese dato. Ata agora, en Galicia, o PSdeG nunca puido ser a forza maioritaria, como si foi no ámbito estatal en moitas ocasións ou en moitos concellos. Esa febleza obriga a considerar, na estratexia futura, a política de alianzas.

Durante a longa etapa fraguista, e como consecuencia de terse modificado unilateralmente a lei electoral para elevar ó 5% a barreira de acceso ó Parlamento, éste ficou reducido a tres grupos políticos (ainda que no 1997 o PsdeG facilitou a creación dun Grupo parlamentario a EU-IU, con quen concurrira en coalición). Só nas derradeiras eleccións, un cuarto grupo, neste caso unha coalición, acadou representación.

Renunciar á hexemonía e aceptar a maioría natural conservadora, leva a considerar a necesidade dunha política orientada ós demáis grupos. Así, tense producido un acordo de gobernación en todolos concellos onde é posible acadar unha maioría de progreso. Recentemente o nacionalismo iniciou un proceso de distanciamento desas coalicións entendendo que hai un castigo do electorado. Pero en todo caso subsisten acordos que facilitan o goberno minoritario.

¿E viable propoñer un camiño á hexemonía electoral en Galicia? ¿Sobre qué bases programáticas e territoriais? Facelo obrigaría a analisar as bases, mesmo orgánicas, da hexemonía conservadora e os procedementos para crebala. Quizais non sexa doado a medio prazo pero non debería de ser un obxectivo secundario. Porque a actual hexemonía conservadora, tan dilatada xa, tamén sofre un desgaste no electorado urban, que de momento non nos beneficia pero que indica unha percepción de insatisfacción. Para superar ós conservadores, o voto socialista debería captar arredor de cen mil votos desa formación política e non limitarse a reordenar o voto da oposición

No imaxinario publicado, o último goberno socialista de Galicia aparece retratado polas tensións internas entre os membros da coalición. Malia os seus indicadores de xestión, magníficos, e o seu legado dispositivo, de investimentos e de iniciativas, algunhas medidas desafortunadas do grupo nacionalista, provocaron a enemizade dos medios de comunicación e doutros sectores de opinión influintes. As consecuencias da crise económica e da perda do Goberno de España incrementaron esa percepción e finalmente os propios erros tácticos do PSdeG fixeron o resto. A complacencia coa especulación inmobiliaria ou o retraso na percepción da crise son factores difíciles de explicar pero que teremos que asumir durante longo tempo.


viernes, 18 de enero de 2013

REXURDIMENTO DO SOCIALISMO 3

Que a crise do socialismo español, coincida cos límites devanditos da Constitución, cos novos desafíos prantexados polas propostas de segregación en Cataluña ou polos novos movimentos sociais que cuestionan as institucións democráticas, nos leva a considerar globalmente ambos procesos. Para moitos cidadáns a política e os seus representantes son hoxe parte do problema e non da solución. Nesa concepción coexisten duas percepcións. Dun lado a constatación do progresivo alonxamento da vida política a respecto dos cidadáns. Unha linguaxe oscura, institucións ritualizadas, multiplicación de institucións, diferencias mínimas en moitas políticas sectoriais, non axudan a comprender o que se debate en cada intre. É doado simplificalo nun debate de principios pero nas institucións democráticas se discuten a cotío melloras sobre políticas en curso e rara vez cambios estratéxicos. As estruturas de Partido, herméticas para os cidadáns incrementan o alonxamento.

Pero hai unha segunda explicación. O pensamento conservador, dominante en Occidente, ten imposto a sua axenda política na meirande parte dos Gobernos. A reducción dos servizos públicos, o pulo da desigualdade como instrumento de competitividade, a depauperación da clase media, a deslocalización da producción, a privatización parcial e progresiva dos grandes servizos universais, son exemplos de políticas creadas nos “think-tank” conservadores e expandidos acríticamente por todolos países. Os partidos conservadores, que se nutren directamente dese pensamento, ofrecen propostas populistas pero desarrollan políticas agresivamente ideolóxicas. Aproveitan a situación de incerteza na que viven tantas persoas, para impulsar un cambio de modelo social e económico cun Estado máis reducido en tamaño e prestacións e coa privatización máis ampla posible dos servizos públicos, mantendo ou reducindo, según os casos, a participación e control dos poderes públicos.

Non rexeitemos a nosa parte de responsabilidade. A Constitución e a lei electoral, para evitar os problemas da Segunda República, reforzaron o papel dos partidos políticos, mediante circusncripcións provinciais, umbrais de acceso e listas bloqueadas. Así, a responsabilidade e o coñecimento directo dos representantes electos foron sustituidos pola adhesión de Partido. Os cargos electos non rinden contas diante dos cidadáns, sinón na estructura interna. Os cidadáns rexeitan esas estruturas percibidas como pechadas e autorreferentes.

E sin embargo os cidadáns continuan a identificar o Partido cun feixe de valores: igualdade, solidaridade, dereitos das minorías, representante dos traballadores e das persoas con dificultades. En ningun caso, representante dos poderosos, dos intereses dos máis acomodados ou contrarios ós dereitos sociais de calquera colectivo. Nin nos peores momentos de apoio electoral, tense mudado esa consideración. Logo somos nos quen debemos repensar a nosa acción e as necesidades da sociedade actual, que non son as da Transición, así como as formas de dar resposta política, que tamén deben evoluir.

Os problemas internos e organizativos do PSOE non son relevantes e polo tanto deben ser abordados como consecuencia dunha nova estratexia política e non como un problema sinon como un medio. A traslación ó debate político das diferencias internas, persoais ou estratéxicas, é un erro que distorsiona a mensaxe do Partido , sustituindo o debate dos problemas dos cidadáns, por debates nominalistas alleos á realidade social.

Cando as diferencias de criterio, que deben ser discutidas e sometidas a votación nos órganos internos, son trasladadas ó debate público, o Partido non gaña credibilidade, os electores desconfían da capacidade da organización para impoñer unha axenda política distinta e só os conservadores atopanse cómodos, ofrecendo todo tipo de plataformas mediáticas para axudar a crebar a confianza electoral.









jueves, 17 de enero de 2013

REXURDIMENTO DO SOCIALISMO 2

Quizaís hoxe a Constitución, logo de 35 anos de vixencia, amosa insuficiencias e deseños superados polo desarrollo da sociedade: Deputacións e Senado entre eles. Quizais a nivelación de competencias entre Comunidades Autónomas non esté dando resposta ás necesidades diferenciais dalguns territorios e sexa chegado o momento de revisala,. Importa suliñar as condicións que fixeron posible aquel pacto e que seguen sendo necesarias: a inclusión más ampla posible e polo tanto a vontade de pacto comúnmente compartida.

O desenvolvemento local, postergado en favor do marco constitucional e autonómico, tivo unha evolución máis pragmática, cun corpus legal básico e tardío, pero cun dinamismo que permitiu o cambio drástico de pobos e cidades, en equipamentos, en servizos, en calidade de vida. Que se teña feito nun marco financieiro nunca resolto é un mérito evidente. Hoxe, cando a dereita conservadora propon a eliminación masiva de concellos e de representantes electos, debemos poñer en valor que cada catro anos milleiros de persoas asuman a representación dos intereses cidadáns sen contrapartida salarial ou económica na inmensa maioría deles. É un exercicio democrático de participación de grande valor que cuestiona moitos alegatos superficiais sobre a crise do compromiso democrático.

O Partido Socialista deixou unha fonda pegada en todo ese proceso. No texto constitucional, cun amplo desarrollo dos dereitos e liberdades entre outros asuntos, e no desarrollo das leis orgánicas derivadas. Pero tamén foi decisiva a aportación socialista nos Estatutos de Autonomía, entre eles o de Galicia, e no desarrollo local.

Hoxe o PSOE é unha referencia política para millóns de persoas en todo momento. Tamén é unha referencia para todolos sectores de opinión, profesionais e creadores, para as empresas e para os sindicatos, para os inmigrantes, para os países da nosa contorna. Nas peores circunstancias electorais o Partido segue sendo o facho que propon solucións ás arelas das persoas progresistas e das persoas necesitadas don apoio dos poderes públicos, dos que cren na igualdade e acreditan na extensión dos dereitos. Ese apoio, esa esperanza, ás veces é crítico, do xeito que pode selo na democracia, retirando o apoio electoral, pero non é irreversible.

Dende 2008 España atravesa unha crise económica moi fonda, sen precedentes inmediatos, común a moitos países europeos. Unha crise derivada das políticas desreguladoras da actividade financieira impulsadas polos gobernos conservadores de Estados Unidos e Reino Unido, e que agora nos alcanza. Unha crise que ten derivado en crise política, provocando a perda do Goberno, e cada vez máis nunha crise social.

Esa crise política está afectando ó Partido Socialista. Erros de apreciación no último Goberno de España, provocaron unha reacción tardía que nos enemistou co electorado, malia outros logros en políticas sociais. Así encadeamos unha sucesión de derrotas electorais, nas eleccións xerais, autonómicas e municipais.

Un ciclo de derrotas non é o fracaso dun modelo político. Pero si unha obriga de cambio, de revisión das  propostas e da acción política no contexto das sociedades española e galega, ás que nos debemos e ás que estamos obrigados a propoñer obxetivos e solucións.

miércoles, 16 de enero de 2013

REXURDIMENTO DO SOCIALISMO 1

Os resultados das recentes eleccións autonómicas abocan ó PSdeG-PSOE a debatir unha nova liña de acción política e programática e como consecuencia a elexir unha nova dirección da organización. Un proceso semellante acaba de ser iniciado polo PSOE federal.

Só dende o progresivo achegamento de posicións políticas sobre estratexia, programa e organización, poderase acadar un amplo consenso posterior sobre as persoas idóneas para dirixir a organización no difícil momento actual. Evitar ese debate político non facilitará unha explicación coherente sobre o que nos separa da confianza electoral maioritaria, primeiro diante ós cidadáns e logo internamente .

O Partido dos Socialistas de Galicia, non precisa máis calificativos. Tanto como organización territorial do PSOE canto como organización galega que só actua sobre os problemas deste país, outros poderár igualar pero non superar o compromiso socialista para abordalos. Defendendo un programa reformista nas institucións de autogoberno e tamén nas institucións locais. Existen outros grupos políticos que se identifican coa esquerda ou co nacionalismo. O espacio socialista é distinto: unha organización socialdemócrata galega, unida federalmente ó PSOE e que quere representar a ós cidadáns que se autodefinen como de centro esquerda, segmento maioritario en tódalas enquisas sociolóxicas.

DE ONDE VIMOS

O Partido Socialista moderno foi refundado entre os anos 1974, congreso de Suresnes e 1979, cando se abandona o marxismo como referencia ideolóxica e política. Entre ambas datas, o Partido pasa de ser unha forza clandestina e testemuñal a representar democráticamente a millóns de persoas, acadando unha notable representación nas Cortes Constituintes e nos Concellos. Como consecuencia deixa a sua pegada no texto constitucional e no seu desarrollo, así como no deseño, creación e consolidación das Comunidades Autónomas. Tamén na transformación dos Concellos en institucións de servizos de proximidade e deseño do espazo de convivencia.

Compre lembrar esas datas. O impulso dunha organización que foi refundada nun momento histórico de transformación da sociedade española e das suas institucións, permite acadar logros impensables naquel 1974: liberdades civís, institucións democráticas, amnistía política, Constitución, Estado das Autonomías. O apoio masivo que o PSOE recibe nas eleccións xerais de 1982, vai facilitar a rápida construcción dos principais sistemas do Estado de Benestar: ensino e sanidade, servizos sociais. Un logro ainda máis sorprendente no contexto dunha grave crise económica cun difícil proceso de reconversión industrial.

Paralelamente se crea o Estado das autonomías, con vacilacións, mediante pactos. Nun primeiro momento a Constitución deseña un duplo sistema de Autonomías históricas e Autonomías novas, coa única diferencia para as primeiras de ter iniciado o proceso na Segunda República, pero co valor engadido de ter unha vía máis rápida de constitución. Non existía un deseño previo do carácter das demáis Autonomías, nin do seu número e límites territoriais. O actual deseño, no que participaron inicialmente as Deputacións Provinciais, é só un punto de chegada. Nin existía unha visión clara sobre os teitos competenciais, durante moito tempo ben diferentes e hoxe moito máis nivelados.

O marco constitucional foi quen de permitir esos avances, ás veces contradictorios pero finalmente exitosos, con diferentes gobernos no Estado, centristas, populares e socialistas, pero ainda máis plurais nas novas Comunidades Autónomas, favorecendo a ampliación do espectro político a máis formacións e polo tanto extendendo o pluralismo na representación, concordante coa heteroxeneidade do electorado.


miércoles, 9 de enero de 2013

IDEOLOGÍA APENAS DISFRAZADA

Hace pocos días, dos altos funcionarios del FMI, han explicado su error en el cálculo de los multiplicadores fiscales, reconociendo que éstos han tenido un impacto mucho mayor del previsto, más del triple.

El FMI no es un foro académico, sino, como hoy sabemos bien en España y en otros países, un instrumento muy poderoso para disciplinar las políticas económicas de quienes necesitan su apoyo. No cabe pues pensar en un ejercicio de contrición fruto de la mala conciencia, sino en un paso calculado para comenzar una nueva estrategia.

Así que hay que releer a Stiglitz, Premio Nobel de Economía, que en el libro adjunto, hace ya una década y desde su experiencia como economista jefe y vicepresidente senior del Banco Mundial, dedica críticas muy acerbas al FMI, precisamente por haber hecho en otras ocasiones lo que ahora reconoce como fracaso. La última, que analiza a fondo, en la crisis del sudeste asiático de aquellos años. Stiglitz no ataca la globalización, sino la estrategia impuesta por el Fondo Monetario Internacional para derribar los instrumentos de defensa del mercado interior de muchos Estados débiles.

Pero sobre todo Stiglitz insiste en el carácter ideológico de la actuación del FMI y otras agencias internacionales como la OMC. En el caso del FMI, denuncia abiertamente su subordinación a los intereses financieros considerados de interés general, su falta de transparencia y su  desprecio por otros aspectos de los problemas económicos: el sufrimiento de las personas, la degradación del territorio, etc. Las consecuencias las estamos sufriendo hoy en el sur de Europa, donde esa misma ideología predica a diario el malestar contra la política, las instituciones o los servicios públicos. Ninguna evidencia empírica avala, sino que contradice, que las recetas propuestas vayan a producir riqueza, igualdad o bienestar.

Si ahora comienzan a reconocer un error debemos aguardar una nueva ofensiva ideológica sobre otros supuestos pero con los mismos objetivos: imponer la agenda de los mercados contra  la agenda de las personas.